Entregados os premios do I Concurso de Escaparates do Concello de Vilalba

Foron entregados os premios do I Concurso de Escaparates do Concello de Vilalba que fixo que o comercio de Vilalba contribuíse ao embelecemento das rúas.

Así, a alcaldesa, Elba Veleiro, e o concelleiro de Comercio e Turismo, Modesto Renda, fixeron entrega dos premios que estaba englobada nunha iniciativa que se encadraba dentro da Campaña Municipal En Vilalba, Comercio Local que tivo lugar do 13 de decembro ao 6 de xaneiro.

O primeiro gañador foi o comercio As Nubes Moda, o segundo Urbo Moda e o terceiro Mobelrías.

Etiquetas