Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXAGuitirizMurasVilalba

O programa Prende! explicarase en Xermade, Muras e Guitiriz este venres

Por 9 Xaneiro, 2020Sin comentarios

Os concellos de Muras, Guitiriz e Xermade acollerán este venres senllas charlas do programa ‘Prende! Bota raíces non rural’ que impulsa a Deputación de Lugo co obxectivo de mellorar a empregabilidade dos mozos en municipios de menos de 5.000 habitantes.

Esta iniciativa, dirixida a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos, permitirá financiar a formación dos participantes en diferentes sectores que actualmente contan cunha alta demanda no mercado laboral: autoemprego e creación de empresas, hostalería e turismo, o campo e os animais, sector eólico e repoboación forestal son os cursos que se ofertan. O prazo para formalizar a inscrición finaliza o 20 de xaneiro e este venres.

Este venres, 10 de xaneiro, representantes da Deputación de Lugo estarán a partir das 11.15 no salón de pleno de Muras, ás 12.30 horas no mesmo lugar do Concello de Xermade e unha hora más tarde, ás 13:30 horas, na Casa Habanera de Guitiriz para explicar detalladamente aos interesados e interesadas os beneficios e posibilidades deste programa.