Skip to main content
Actualidade

Os socialistas de Castro de Rei demandan un plan de conservación de estradas

Por 15 Xaneiro, 2020Sin comentarios

Os Socialistas de Castro de Rei rexistraron unha moción, que será debatida no vindeiro pleno, coa que reclaman a elaboración dun plan de conservación das estradas dependentes do Concello. Denuncian que existen vías municipais que se atopan en mal estado de conservación, con numerosas fochancas, así como firme en mal estado. Concretamente reclaman o arranxo ou rexeneración das estradas de Ramil, Loentia, Triabá, Bazar e Outeiro.

Na moción remarcan que é necesaria a revisión urxente nas seguintes vias municipais; na parroquia de Ramil que vai dende a Granda ata a parroquia de Torneiros (no concello de Pol), e nesta mesma parroquia a pista que vai dende A Lamela ata a parroquia de Torneiros (concello de Pol): na parroquia de Loentia a que vai dende Lamacurro a Baqueriza; e na parroquia de Triabá que vai dende O Barroso ata O Rego de Bouzas. Tamén hai que arranxar a pista que vai dende Riba de Miño ata O Cristo de Queizada, na parroquia de Outeiro, así como a que transcorre dende a igrexa de Bazar a Muimenta por Bardián. Suxerimos que estas dúas últimas vias sexan incluídas no Plan Único da Deputación para ser arranxadas con aglomerado en quente. E por último na parroquia de Outeiro, a estrada que vai dende A Ramalleira, Ponte dos Carros e Zalarote.

Centro Xosé Manuel Carballo
Os Socialistas de Castro de Rei tamén anunciaron que rexistraron outra iniciativa, para demandar aumento de potencia de luz no centro Xosé Manuel Carballo, xunto coa instalación dun proxector con sensor de movemento. “Neste centro celébranse un bo de número de actividades culturais e sociais, por iso entendemos que son necesarias estas melloras, para poder desenvolver todos os eventos nas mellores condicións”, sinalan.