Begonte anuncia que o concurso de Entroido será o 29 de febreiro

O Concello de Begonte anunciou que un ano máis haberá festa de disfraces no Concello con motivo do Entroido. Festa que terá como eixe principal o concurso de disfraces.

Esta celebración terá lugar o sábado 29 de febreiro. Aínda no se coñece a cuantía dos premios nin o resto de detalles da programación, que se irán subindo ás redes sociais en próximas datas.

Etiquetas