Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Guitiriz realiza unha medición de radón en todos os seus edificios

Por 19 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Guitiriz realizou unha medición de radón en catorce edificios do concello: Casa Habanera, Telecentro, Casa do Concello, Casa Barxa, Punto de Atención á Infancia, Pavillón Municipal, Piscina, Casa da Auga, Nave Senpa, CEIP Lagostelle, Instituto Díaz Castro, colexio de Parga, Centro de Saúde de Guitiriz e Centro de Saúde de Parga.

Os resultados obtidos en todos os inmobles sitúanse por debaixo do umbral de concentración de radón especificado na Guía IS-33 do Consello de Seguridade Nacional.