Skip to main content
ActualidadeMuras

Muras convoca as axudas para as asociacións

Por 19 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Muras abriu o prazo de presentación de solicitudes para as axudas destinadas a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia.

Poderán ser beneficiarias das subvencións todo tipo de entidades que estén debidamente inscritas no rexistro público correspondente e asociacións de mulleres rurais de Galicia , para a realización de investimentos, tanto de obra como de equipamentos, en inmobles da súa titularidade ou dos que lles corresponda o dereito de uso e traídas de auga veciñais, coa finalidade de mellorar a calidade de vida local e fomentar e dinamizar a participación veciñal e a cohesión social, contribuíndo deste xeito a satisfacer as necesidades e aspiracións da veciñanza.

A axuda económica que se conceda poderá acadar a totalidade do investimento realizado cun límite máximo por entidade de 12.000 euros para a realización de obras e de 5.000 euros para a dotación de equipamentos.

Poderán ser obxecto de subvención os gastos ocasionados como consecuencia de investimentos realizados en inmobles de titularidade da entidade solicitante ou sobre os que teña un dereito de uso por convenio ou por calquera outro título, así como equipamentos necesarios para o seu funcionamento, todos eles orientados ao cumprimento dos fins da entidade e o seu funcionamento ordinario, e as obras nas traídas de auga comunitarias.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de xaneiro do ano en curso. Ten que facerse obrigatoriamente a través da sede electrónica.