Bonos consumo Vilalba

Pepe Pol e Beatriz Valcárcel gañan o certame de xornalismo do Belén de Begonte

O xurado do XLIV Certame de Xornalismo Begonte e o Nadal, convocado polo Centro cultural José Domínguez Guizán, impulsor do Belén Electrónico de Begonte, foi para Pepe Pol e Beatriz Valcárel.

O xurado estivo formado por Jesús Dominguez Guizán, presidente da entidade convocante; José Ulla Rocha, alcalde de Begonte; Blanca Pacín Somoza, bibliotecaria, e José Rodríguez Gómez, fillo do creador do Belén, vocais; e Xulio Giz Ramil, no nome do centro convocante.

Por unanimidade acordaron conceder os primeiro premio, dotado con 600 euros e estatuíña de Sargadelos, para Carta a los Reyes Magos y su respuesta, publicado en Galicia Digital por Pepe Pol,  de Montefurado-Quiroga.

O segundo premio, dotado con 300 euros e estatuíña de Sargadelos foi para  La historia real de un belén viviente, do que é autora Beatriz Valcárcel, de Lugo, que asinou o seu traballo en Galicia Digital co seudónimo de Begontina.

Os premios serán entregados o próximo 25 de xaneiro, sábado, dentro dos actos de clausura de O Nadal en Begonte, que se iniciara ás cinco da tarde no salón de actos do centro cultural begontino.

Etiquetas