Bonos consumo Vilalba

O IES Lois Peña Novo formou a persoal de emerxencias no uso de vehículos eléctricos

O IES Lois Peña Novo de Vilalba acolleu nas instalacións do Departamento de Transporte e Mantemento de vehículos unha xornada de portas abertas para coñecer as novidades que hai nas enerxías empregadas na mobilidade e as diferentes tecnoloxías implantadas en vehículos híbridos, GLP, hidróxeno ou eléctricos 100%.

A esta xornada acudiron a Xefa Territorial de Lugo da Consellería de Educación, Carmen Gueimunde, así coma a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e os concelleiros Antía Rama e Ignacio Criado.

Estas xornadas serviron para que persoal de Protección Civil de Vilalba, Cruz Vermella e os servicios de primeiros auxilios, consideraran interesante formarse nestas novas tecnoloxías para saber cómo actuar en caso dun accidente no que se vexa involucrado un vehículo deste tipo e poder prestar auxilio do xeito máis adecuado.

As necesidades que explicaron o persoal foron teóricas e prácticas establecendo as zonas seguras e o seu acceso, contando incluso con todo un referente nos vehículos electricos puros como é o Tesla Model S, “un vehículo que avanza o futuro do automobil”.

Por esta razón, o centro celebrou unha xornada de formación enfocada específicamente para persoal de primeiros auxilios, no que púidose ver de primeira man como se debe actuar con este tipo de vehículos, especialmente nos novos híbridos e eléctricos con visualización práctica dun Tesla Model S. E de paso, como non, sentir o movemento eléctrico con todas as súas vantaxas, medidas de seguridade, inconvintes  e grandes prestacións.

Etiquetas