Skip to main content
ActualidadeBegonte

Pecha este sábado o belén de Begonte

Por 24 Xaneiro, 2020Sin comentarios

Mañá sábado día 25 de xaneiro, pecharase a XLVIII edición de O Nadal en Begonte co acto de clausura que terá lugar no Centro Sociocultural José Domínguez Guizán a partir das 17.00 h.

A sesión consistirá na entrega de premios dos certames culturais e poesía, arte e periodismo para adulto e de debuxo para menos.

Así mesmo, clausuraranse as actividades e actuará o cuarteto de saxofón da Agrupación das Escolas Municipais de Música de Begonte, Rábade e Outeiro de Rei, xestionadas pola Asociación Músico Crisanto.

Ó evento acudirán autoridades autonómicas, representantes do belén e do Concello de Begonte, así como todas aquelas persoas que desexen acudir á cita.