Axencia de colocación

Pontoibo celebra as súas patronais o 25 e 26 de xaneiro

A parroquia de Pontoibo, nas Pontes, celebrará no mes de xaneiro as súas festas patronais, na honra de San Vicente.

As celebracións alongaranse dúas xornadas na fin de semana do 25 e 26. O primeiro día as festas darán comezo coa tradcional misa solemne na capela de San Viceente, á que seguirá unha sesión vermú a cargo da orquestra Solara. Esta mesma será a encargada pola noite da verbena xunto a Panamá.

O 26 a misa maior será ás 12.00 horas, tamén na capela de San Vicente con poxa de produtos da terra antes da sesión vermú a cargo da Esencia. Esta será a encargada de poñer o punto e final ás celebracións, a partir das 21.00 horas.

No campo da festa instalarase unha carpa climatizada para facer fronte ás inclementacias meteorolóxicas e tamén haberá fotos de artificio.

Etiquetas