Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba entregou os premios ao deporte

Por 27 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O auditorio Carmen Estévez acolleu este sábado a IV Gala do Deporte Municipal de Vilalba, un evento conducido polo  xornalista Iván García Calaza e  animado polo humorista Pepo  Suevos e no que se recoñeceron  os éxitos de 2019. O premio máis destacado foi o de mellor deportista, que recaeu na ximnasta Tania Gayoso.

No resto de categorías foi premiado Fernando Pico, da especialidade de taekwondo, como mellor deportista promesa e Uxía Rodríguez, do mesmo club, á traxectoria deportiva.  O representante do Jansu Senén  Viveiro fíxose co de mellor deportista con discapacidade.

Non faltaron tampouco os premios para a loita olímpica, co título ao mellor adestrador para Pablo  Pintos, e o de mellor equipo para o seu conxunto júnior,  campión galego e subcampión  de España en 2019.

O premio á mellor entidade deportiva foi para a Escola de Movemento e para o Rácing Vilalbés  polo seu labor coa canteira con 16
equipos en competición.

Tamén tivo o seu recoñecemento o Club de Pádel  Vilalba polo seu traballo no III Torneo de San Ramón. O premio ao mellor labor comunicativo foi para a xornalista Marta Mancebo.

Así mesmo, entregáronse os premios económicos que todos os ano dá o Concello e que este ano corresponderon a Uxía Rodríguez, Yobanni García, Ramón Mosteiro, Oussama Lahnin, Fernando Pico e Sara Basanta. As mencións especiais foron para Iván Sangiao, Belén Bouza, Marta Felpeto, Juan José Pereira (a título póstumo) e Vicente Celeiro, que tamén foi o padriño do evento.