Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Convocan un concurso para deseñar o cartel da Feira da Torta do Millo de Guitiriz

Por 30 Xaneiro, 2020Sin comentarios

Concello de Guitiriz publica un concurso para seleccionar o cartel oficial da Festa da Torta de Millo do ano 2020, un evento que o goberno local decidiu cambiar de data e celebrarase o sábado 30 de maio en lugar de facerse en xullo.

A participación está aberta a cantas persoas estean interesadas e o único requisito é ser maior de idade. O prazo para presentar os traballos comeza mañá, 30 de xaneiro, e remata o 19 de febreiro. Poderá presentarse só un cartel por participante e deberá levar necesariamente os seguintes textos: ‘Festa da Torta de Millo’, ‘Sábado 30 de maio 2020’, e ‘Guitiriz’.

O deseño gañador será premiado cunha ‘Cesta Larpeira’ e un cheque regalo por valor de 150 euros para consumir nos establecementos do Concello. A entrega do premio será o mesmo día da festa e o xurado estará composto por tres persoas relacionadas co mundo das artes e por un traballador municipal.

Os interesados e as interesadas poden consultar as bases na web municipal www.concellodeguitiriz.com e, para calquera aclaración, poden chamar ao teléfono 982 370 109 ou enviar un correo electrónico a info@concellodeguitiriz.com

Os traballos presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Guitiriz en horario de 9:00 a 14:30 horas.