Organizan un obradoiro sobre demencias en Xermade

O Concello de Xermade acollerá o día 5 de marzo un obradoiro de iniciación sobre demencias e alzheimer organizado por Afalu en colaboración co Concello de Xermade, a Escola Galega de Saúde e Acis.

Esta sesión terá lugar entre as 16.00 e as 20.00 horas no salón de actos da biblioteca de Xermade e estará a cargo de Judith Galloso Lorenzo, psicóloga da asociación Afalu.

A formación está dirixida principalmente a persoas usuarias, familias, coidadores e cidadanía en xeral.

Neste curso falarase do Alzheimer e outras demencias, a súa definición e clasificación, síntomas e condutas, evolución e tratamento, así como pautas non farmacolóxicas de intervención en síntomas psicolóxicos e de comportamento.

Entre os obxectivos do mesmo está mellorar a información e comprensión da enfermidade por parte dos pacientes, familiares, cidadáns en xeral. Proporcionar aos coidadores, familiares e pacientes as habilidades e coñecementos necesarios para mellorar a calidade de vida no ámbito familiar. Fomentar a autonomía a todos os membros da familia.

Etiquetas