Skip to main content
Actualidade

‘Leira’ representarase en dobre sesión nas Pontes o 8 de febreiro

Por 4 Febreiro, 2020Sin comentarios

A compañía Nova Galega de Danza pora en escea o sábado 8 de febreiro nas Pontes a obra Leira, dirixida por Jaime Pablo Díaz con voz e música en directo de Rosa Cedrón.

O corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza e música que transportará ao público á dura beleza dos labores do campo. A muller no centro desta conexión telúrica; día e noite, xornada tras xornada repetida nunha sucesión inesgotable de estacións. O sol e a choiva, o vento xeado, crúas paisaxes de intemperie habitadas unicamente por unha coreografía humana de apeiros de labranza, de corpos que cargan e arrastran, que danzan entre os surcos arados na terra.

Leira é a sinxela alegría do traballo feito coas mans, coa valentía do corpo a corpo. A celebración dunha Galicia intemporal e máxica.

A representación terá lugar en dúas sesións, as 187.00 e ás 20.30 horas no Auditorio Municipal Cine Alovi. As entradas xa están á venda en https://www.tickentradas.com/