Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

O Concello de Guitiriz proporá que o pavillón leve o nome de Jonathan Carro

Por 4 Febreiro, 2020Sin comentarios

O goberno local de Guitiriz aproveitou a celebración da sesión plenaria do pasado xoves para propoñerlle ao resto da corporación que o pavillón municipal leve o nome do ximnasta local Jonathan Carro, falecido recenetemnete. Ademais, presentoulles un borrador para sentar as bases deste tipo de tributos nun futuro.

O obxectivo do goberno local é aprobar un regulamento consensuado no próximo pleno.

Os membros do goberno local xa falaron do tema coa familia do ximnasta e con este acto queren recoñecer a dedicación deste rapaz, que se formou nas escolas deportivas municipais, durante moitos anos e foi un referente da ximnasia masculina.

Desde a oposición, PP e BNG mostráronse dispostos a apoiar e colaborar na elaboración do regulamento municipal que defina este tipo de homenaxes, unha necesidade que xa se abordou cando se nomeou fillo adoptivo a Alfonso Blanco.