Skip to main content
ActualidadeVilalba

Convocan a todos os ex alumnos da escola de Corbelle a unha xuntanza

Por 8 Febreiro, 2020Febreiro 13th, 2020Sin comentarios

Alumnos de todas as xeracicóns da escola de Corbelle están citados o próximo 19 de marzo a unha xuntanza de confraternidade, que contará como acto centro cun xantar no campo da festa da parroquia.

O xantar, estará servido por bar Rochela e consistirá en empanada de liscos e zorza, paella, churrasco mixto, postre, viños, refrescos, café e chupito. Ten todo un prezo de 23 euros para adultos e de 12 para nenos de 7 a 11 anos. Os pequenos comerán de balde.

O obxectivo desta xuntanza é lembrar os tempos pasados e os compañeiros de xogos desta escola.

A xornada, que se desenvolverá nunha carpa climatizada no campo da festa, estará amenizada polo dúo Suso.

O prazo para anotarse é ata o 10 de marzo a través dos teléfonos da organización: 655 313 096 e 636 697 929.

Paralelamente a esta actividade terá lugar a I Xuntanza de alta montaña de coches, motos e tractores antigos que están convocados ás 10.00 horas no campo da festa, onde tomarán un café e un pincho. Sairán por Corbelle, Samarugo, San Simón (con parada no Riveira e no Balado), Goiriz e volta. Durante o traxecto pararán a tomar un apertivo en San Simón.

Participarán no mesmo xantar que os ex alumnos da escola cos mesmos prezos e prazo de inscrición. Ademais, recibirá un premo o vehículo que máis guste (por votación) e haberá trofeos ao coche, moto e tractor máis antigos.

Os vehículos estarán expostos durante todo a tarde no mesmo lugar da xuntanza.