O concurso de disfraces de Meira será o 24 de febreiro

A localidade de Meira acollerá o luns 24 de febreiro o seu poular concurso de disfraces, que se desenvovlerá a partir das 22.00 horas no pavillón municipal amenizado por un grupo aínda sen determinar.

A festa de entroido contará co popular concurso de disfraces que todos os anos atraen a centos de persoas.

Así, volverán a repartirse máis de 1.300 euros repartidos en varios premios.

Como en anos anteriores establecerase a categoría de comparsas, que repartirán cinco premios entre 300 e 40 euros. Así mesmo, haberá distincións para as cinco mellores parellas que poderán recibir 120 euros no caso de quedar primeiras e 30 de seren últimas.

Finalmente, na categoría individuais figura o primeiro premio con 110 euros e un quinto con 30 euros, e o resto con cantidades intermedias.

Etiquetas