Begonte presenta o IX Concurso de Disfraces e Comparsas 2020

O Concello de Begonte presenta o IX Concurso de Disfraces e Comparsas 2020, co obxectivo de consolidar o Entroido como unha festa de tradición popular.

O sábado, 29 de febreiro de 2020, ás 17.00 horas celebrarase o desfile de disfraces e comparsas no Pavillón Municipal de Baamonde. Posteriormente, farase a entrega de premios e a tradicional festa infantil para todos os nenos presentes con diferentes inchables e obradoiros. Ademáis, tamén contarán cun baile de Entroido para nenos e adultos amenizado por unha discoteca móbil.

O prazo de inscrición rematará o mércores, 26 de febreiro ás 14.00 horas.

Para a presentación das inscricións podense levar presencialmente as oficinas municipais no Rexistro Xeral do Concello de Begonte ou electrónicamente.

Para este certame establécense uns premios valorados en 330 euros nas diferentes modalidades da categoría individual, e de 1.180 euros para comparsas.

Ademais, haberá premios especiais para as comparsas e disfraces pertencentes ó Concello de Begonte sempre que non coincidan premiadas no concurso xeral valorados en 205 euros para individuais e 410 para comparsas.

Etiquetas