Muras celebra o Entroido o 25 de febreiro

O Anpa do Colexio Público de Muras en colaboración co Concello, organizará o martes 25 de febreiro unha gran festa de Entroido que comezará ás 17.00 horas no local social e que se prolongará ata as 23.00 horas.

Nesta celebración haberá xogos, concurso de karaoke infantil e adultos, desfile de disfraces e discoteca móvil a cargo de Puzzle Animación.

Tamén haberá sorteo de agasallos durante a velada que se completará con detalles para todos os nenos disfrazados,  para os mellores disfraces adultos e merenda e pinchos para todos os asistentes.

Etiquetas