Skip to main content
ActualidadeXermade

As Mulleres Rurais de Momán organizan unha festa de Entroido

Por 15 Febreiro, 2020Sin comentarios

As Mulleres Rurais Saudade de Momán celebrarán este ano unha gran festa de Entroido o venres 21 de febreiro, a partir das 20.30 horas, nas naves do Campo da Feira.

Co título V Troula de Entroido, os participantes terán como eixe da festa a natureza. Nela sortearase un centro de planchado, unha cafeteira Dolce Gusto e moitos outros agasallos entre todos os participantes.

Ademais, haberá premios en metálico para os mellores disfraces da festa, que contará coa animación do dúo Venus.

Non faltará o apartado gastronómico con orellas, roscas, cesta de Entroido e freixós, sen esquecer os pinchos.

Os interesados en participar deberán anotarse antes do 18 de febreiro no teléfono 645 028 575 (Mónica)