Cabaleiros de Labrada celebran o sábado a súa cea anual

A asociación de Cabaleiros de Labrada, en Abadín, celebrará este sábado 22 de febreiro a súa cea baile anual coincidindo co Entroido.

A cea terá lugar ás 21.30 horas no campo do San Antonio, en Labrada. O menú consistirá en sopa de cocido e cocido completo con postre, que terá un prezo de 20 euros.

Haberá sorteo de agasallos e o baile estará amenizado Verónica Gambón.

Os interesados en anotarse deberán facelo antes do 17 febreiro nos teléfonos 650 171 426 ou 699 024 637.

Etiquetas