Skip to main content
Actualidade

O BNG propón abrir unha Oficina de Información á Mocidade en Castro de Rei

Por 15 Febreiro, 2020Sin comentarios

A voceira do BNG en Castro de Rei, Digna Lagarón, presentou unha proposta para incorporar unha oficina municipal de información e servizos á mocidade en Castro. “Precisamos de servizos para a nosa mocidade, un dos nosos bens máis preciados”, declarou Digna Lagarón.

“O concello de Castro nunca tivo este servizo, un elemento importante para a mocidade que reside aquí, que suporía ter máis mecanismos para favorecer a súa integración no eido laboral e social”, declarou Digna Lagarón, que engadiu “se queremos que a mocidade non se vexa obligada a marchar do concello, precisamos poñer recursos para que poidan desenvolver unha vida plena aquí”.

Neste sentido, dende o BNG de Castro de Rei indican que “o goberno municipal non está a facer nada por estabelecer un servizo deste tipo”. A agrupación local presentou a solicitude de maneira urxente para poder poñer este servizo a funcionar canto antes.