O Freixo, nas Pontes, estará de Entroido o próximo sábado

A asociación de veciños O Freixo, da parroquia pontesa homónima, celebrará o seu concurso de disfraces o próximo 29 de febreiro no local social

Haberá concurso de disfaces con premios ao mellor disfraz individual (50 euros) por parellas (75 euros), mellor grupo de 3 a 6 persoas (100 euros) e á mellor comparsa de 150 euros.

Ademais haberá festa rachada desde as 22.30 horas con sorteos e agasallos para os nenos, todo elo amenizado polo dúo Lembranza.

Etiquetas