Realizarán unha actividade de plantación de vimbio autóctono en Rábade

Os vindeiros 29 de febreiro e 1 de marzo dende a Casa das Insuas repetirán En Pé de Terra,  unha actividade de voluntariado para podar, tallar e replantar vimbio no Prado da Ponte (Rábade, Lugo), coa colaboración da artesá cesteira Idoia Cuesta. O horario será de 10:30 a 14:30 horas e pódese participar na actividade un día ou os dous.

Aínda que é gratuíta debe facerse inscrición no correo casadasinsuas@gmail.com  ou no teléfono 680560882.

Recoméndase traer roupa e calzado de traballo para o campo, adaptado a meteoroloxía, e, se tedes, tamén material de poda.

Etiquetas