As Mulleres Rurais de Pol celebran un taller de iniciación á informática

O centro sociocultural de Pol acollerá o xoves 20 de febreiro, ás 17.00 horas, un taller de iniciación á informática on teléfonos móbiles dirixido especialmente aos maiores.

Este taller está organizado pola Asociación de Mulleres Rurais de Pol en colaboración con Fademur.

Os interesados en participar poden anotarse nos teléfonos de contacto da asociación de mulleres.

 

Etiquetas