Guitiriz acolle un obradoiro de xabóns o venres

O venres 21 de febreiro terá lugar un obradoiro de elaboración de xabóns artesanais, en horario de 18:00 a 20:00 horas. Será na Escola Habanera de Guitiriz e a inscrición está aberta ata o martes 18.

Este taller englóbase no proxecto Aceto para a reciclaxe a reutilización, xa que para a elaboración de estes xabóns empregrase o aceite usado.

A inscrición no obradoiro pode facerse no enderezo electrónico info@concellodeguitiriz.com ou no teléfono 982 370 109.

Etiquetas