O mercado das Pontes acolle a mostra CONtornos

O Mercado das Pontes acolle estes días a exposición itinerante de madeira torneada, CONtornos. Esta mostra é un compendio de pezas que son unha representación dos traballos aportados polos participantes nos Encontros de Torneiros que se celebra no mes de setembro, dende fai 17 anos, no Concello de Xermade

Os relatores internacionais que participan nos Encontros, encárganse de facela escolma entre as expostas polos participantes; tanto as técnicas empregadas como materias primas e acabados son moi variados polo que os resultados son sempre distintos e sorprendentes.

A mostra pode visitarse ata o 26 de febreiro de 11 a 14 horas. Os días 21, 22 e 23 de febreiro tamén estará aberta en horario de tarde, de 17:00 a 20:00 horas.

Etiquetas