O RC Vilalbés celebra o sábado unha cea de entroido para adultos e o luns unha festa para nenos

O RC Vilalbés celebrará, como todos os anos, unha cea baile de Entroido, que terá lugar o sábado 22 de febreiro, a partir das 22.30 horas no restaurante Montero de Vilalba.

O xantar constará de aperitivos variados, xarrete de terneira estofada, postre, viños, café, chupitos e dous combinados. O prezo do menú para os socios é de 4o euros. Tamén está aberta á participación dos non socios, que deberán aboar dez euros máis.

Os interesados en incribirse poden facelo ata o 20 de febreiro no propio restaruante, ou na cafetería A Pravia ou na oficina do estadio Roca.

A noite estará amenizada por Dj Eventec.

Ademais, tamén haberá un baile infantil o luns 24 de febreiro, entre as 17.00 e as 20 horas no salón de restaurante Montero, que contará coa animación da empresa Puzzle.

Etiquetas