Enquisa Mobilidade

Roupar celebrar unha cea de Entroido este sábado 22

A asociación de veciños de Roupar organiza este sábdo 22 de febreiro unha cea baile de Entroido a partir das 21.00 horas na Escola Habanera da parroquia.

A cea constará de cocido completo, freixós, orellas e roscas a un prezo de 15 euros para os socios e de 17 para os non socios.

Os interesados en participar deberán anotarse antes do 20 de febreiro nos bares de Roupar ou chamando aos teléfonos 660 228 252 ou 678 063 111

Para amenizar a festa haberá un grupo con música para bailar.

Etiquetas