A Anpa A Granda de Muimenta organiza un Cocido de Entroido

A Anpa A Granda de Muimenta en colaboración co Concello de Cospeiro, organiza un Cocido de Entroido o día 25 na praza de Muimenta.

O xantar será ás 14.00 horas e terá sopa de cocido, lacón, cachola, costela, falda, butelo, chourizo, rabo, patacas, garavanzos, cimos, sobremesas de orellas e filloas, viño, auga e refrescos.

O prezo para este xantar é de 21 euros para adultos,10,50 para mozos de 6 a 10 anos, e os cativos de balde.

Para participar haberá que recoller os tiquets na mercería Teresa de Muimenta antes do 20 de febreiro.

Etiquetas