Bonos consumo Vilalba

A Moexmu contará coa aportación da Xunta para a súa celebración

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantivo unha xuntanza con representantes da comisión organizadora da Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu) para concretar os apoios a este evento que realizan distintos departamentos do Goberno autonómico.

A reunión, promovida polo Concello de Cospeito, contou coa presenza do seu alcalde, Armando Castosa; o coordinador da mostra, José Manuel Rus, e María José Neira e Orencio Fontela Iglesia, vogal e presidente da comisión organizadora, respectivamente.

A Xunta colabora cos responsables da feira cunha achega económica de 7.000 euros para os gastos de organización e tamén na entrega de premios para o distintos concursos, achegando trofeos, lotes de libros e material escolar. Tamén se porán á súa disposición os servizos veterinarios da Administración autonómica.

A Moexmu celebra nesta ocasión a súa trixésimo sexta edición –os días 3, 4 e 5 de abril na parroquia de Muimenta, en Cospeito- e incluirá o concurso autonómico da raza frisona FEFRIGA 2020, único que continúa celebrándose na provincia, e as habituais exposicións de gando de raza Rubia Galega e a poxa de gando selecto.

Etiquetas