Bonos consumo Vilalba

O Club de Loitas Olímpicas de Vilalba revalida o título de campión galego sénior

O Club Loitas Olímpicas Vilalba Libre e Grecorromana revalidou a pasada fin de semana o seu título de campión galego sénior por clubs na modalidade de Libre Olímpica Masculina nos Campionatos Galegos das categorías sénior e cadete que se disputaron no pavillón ourensán de Oia.

Este primeiro posto é froito da aportación dos ouros de Carlos Yobani García (menos de 70 kg), Oussama Lahnin (menos de 79 kg) e Ramón Monasterio (menos de 97 Kg), o bronce de Javier Rouco (Menos de 125 kg) e o quinto posto de Pablo Chao (menos de 79 kg). Con estes resultados o club conta con ter nos próximos Campionatos de España sénior de maio a 4 ou 5 loitadores, representando case o 50 por cento da selección galega sénior masculina e sendo un dos favoritos para alzarse de novo co máximo título estatal por clubs.

Etiquetas