Asociacións de mulleres de Vilalba porán autobuses para acudir á manifestación de Verín

Logo das multitudinarias manifestacións que tiveron lugar en Vigo e Lugo nos últimos dous anos, neste 2020, o feminismo galego daráse cita o vindeiro 1 de marzo en Verín. Esta xornada servirá de antesala para o 8M que se celebrará en moitas vilas galegas da man dos colectivos participantes na Asamblea galegas 8m.

En Vilalba, considérase o 8M tamén como unha xornada reivindicativa, e como se vén facendo nos últimos 3 anos ao longo do día terán lugar distintas actividades na praza, así como unha manifestación que percorrerá as  rúas.

Este ano a vila elexida para a gran manifestación será Verín “polo gran exemplo de loita e dignidade que deron ao resto do país, e é que grazas ao compromiso mostrado durante meses polos colectivos feministas, polo persoal sanitario, asociacións de mulleres, organizacións sindicais e veciñas e veciños, lograron a reapertura do paritorio de Verín e do servizo de Urxencias Pediátricas”.

Así, todas as mullres están convicadadas a sumarse a esta xornada de reivindicación e loita. Para facilitar o desprazamento de todas as que queiran asistir, sairá de diante da Biblioteca Municipal de Vilalba un autobús ás 8.45h da mañá do domingo, 1 de marzo, con destino a Verín para participar na manifestación e nas actividades posteriores, a volta está prevista
para as 16.00h.

O único requisito para facer uso deste autobús é ter reservado a praza, polo que, as interesadas deberán pórse en contacto co 637742879 ou co 630031864 e indicar nome, apelidos e número de prazas que precisa. As reservas deben facerse antes do xoves 27 de febreiro.

Etiquetas