Abadín pechou unha nova edición de Expogrelo esgotando existencias

Os quince produtores presentes na décimo quinta edición de Expogrelo en Abadín, celebrada non recinto feiral de Gontán, esgotaron as súas existencias nunhas horas, tras ser vendidos a un prezo fixado de 1,5 euros a mada.

Malia ser un ano de mala colleita, os produtores presentaron unha media de cen madas cunha calidade superior á de outros anos. Sen dúbida axudou na xornada o bo día que saiu e que animou aos veciños dos arredores e visitantes asiduos a achegarse ata Abadín.

Como en anos anteriores tamén houbo premios outorgados polo Concello. Marisol Grandío, de Romariz, foi a gañadore+a esta edición, seguida de Esther Cruña, de Moncelos e de Aniceto Seijo. Ademais, todos os produtores recibiron unha gratificación de mans das autoridades presentes pola súa participación na feira.

O XV Expogrelo contou ademais cunha novidade culinaria, pois por primeira vez vos asistentes puideron degustar, no lugar do tradicional caldo, un cocido preparado por San Briz da Pontenova, que esgotou rapidamente as 300 racións.

Acompañaron na ocasión os 40 postos de artesanía e gastronomía, diversos feirantes e a animación de Mekanika Rolling Band que fixeron de Expogrelo unha xornada do máis completa.

As boas novas da xornada completáronse co premio da Once que recaeu no décimo 79923, da serie 005, que resultou premiado co sueldazo de 2.000 euros ao mes durante dez anos. Este premio foi vendido entre a Feira de Expogrelo e a comida de veciños que se celebrou na parroquia de Vilarente.

 

Etiquetas