Os pais de Rábade votarán para implantar a xornada única no Otero Pedrayo

Pais e nais de alumnos do Ceip Otero Pedrayo de Rábade votarán mañá o proxecto de xornada única, tal e como se fixo nos disitntos colexios da provincia.

Os pais están chamados a votar este xoves 27 de febreiro entre as 10 e as 21 horas e para saír adiante esta proposta ten que acadarse a maioría faborable ao si.

De ser aprobada a xornada única podería implantaríase no novo curso escolar que dará comezo no mes de setembro.

Os impulsores desta medida lembran aos pais que a xornada única garante cinco horas lectivas de clase, o funcionamento dos servizos complementarios de transprote escolar e comedor, un horario de atención ás familias e o mantemento do mesmo horario durante todo curso escolar.

 

Etiquetas