A feira mensual da Reigosa tínguese de Entroido

Este domingo, 29 de febreiro terá lugar en Reigosa, na Pastoriza, unha nova edición da súa feira mensual, como cada último sábado de mes, que nesta ocasión terá cor de Entroido.

A asociación de veciños, organizadora do evento, ten prevista unha oferta para todos aqueles que coman o polbo na feira, xa que terán gratis unha sobremesa típica destas datas como orellas, chapiteles, filloas ou chocolate con churros.

Como en edicións anteriores haberá postos de toda clase, polbo, callos e churrasco.

Etiquetas