Enquisa Mobilidade

O arqueiro Miguel Alvariño estará nos xogos olímpicos de Tokio

O arqueiro pontés Miguel Alvariño García logrou unha das prazas olímpicas para Tokio 2020 en tiro con arco, polo que disputará, con 26 anos, os seus segundos Xogos Olímpicos.

O deportista do club Sílex das Pontes disputou a última proba do sistema de selección do equipo nacional de arco recurvo, á que tan só el e o seu compañeiro Pablo Acha chegaban con opcións, sendo Alvariño o vencedor no último clasificatorio.

Aínda que non hai confirmación oficial por parte da Federación Española de Tiro con Arco, a directora directora técnica da federación, Almudena Gallardo, e o adestrador do equipo español, Elías Custa, trasladaron a Alvariño e ao seu adestrador que a praza era súa.

Etiquetas