As Mulleres Rurais de Pol farán a Ruta das Camelias

A Asociación Mulleres Rurais de Pol realizará o domingo 8 de marzo a Ruta das Camelias, percorrido no que se visitará a casa museo de Rosalía de Castro, o mercadillo de Padrón e o Pazo de Oca.

A ruta terá a súa saída ás 8.30 horas diante do Concello de Mosteiro.

As interesadas en anotarse deberán facelo nos teléfonos 633 378 590, 666 230 570 e 616 129 825 antes do 5 de marzo.

Esta actividade ten un prezo de 25 euros para socias e de 30 para as non socias.

Etiquetas