Dous ponteses soben ao podio no campionato de atletismo de Ourense

Os atletas ponteses Roberto Peón e Esteban García, ambos os dous do club Trieume das Pontes subirpon ao podium no  trixésimo primeiro Campionato de Galicia de atletismo en pista cuberta da categoría máster, celebrado en Ourense.

Roberto Peón Costa proclamouse subcampión galego nos 400 metros no apartado M35 cunha marca de 56.51 segundos, só 23 centésimas máis que o primeiro clasificado, Santiago Dapena Villaverde, do Club Atletismo Estrada, e 30 menos que o terceiro, o compostelán Adrián Gómez Fernández.

O tamén membro do club pontés Esteban Díaz Pérez logrou a medalla de bronce na categoría M35- M40 dos 3.000 metros, cun tempo de 9:12.22 minutos, a case oito minutos do segundo, Luís Iglesias Raña, e a case doce do campión, José Manuel Corral Xusto, ambos os dous do Atlético Arenteiro.

Etiquetas