Enquisa Mobilidade

O zanfonista que mudou Valladolid por Arneiro

Germán Díaz, é un vallisoletano afincado en Arneiro, que se trasladou por amor a súa parella e á música. Como di “Lugo é a capital sentimental da zanfona, coa que historicamente ten unha vinculacion”.

Este instrumento foi recuperado grazas a Antonio Fernández López, un dos mecenas máis descoñecido é importante de Galicia, que fixo vir a Faustino Santalices dende Madrid para crear un taller-escola de Instrumentos Galegos no que formar artesáns para que a tradición da zanfona non se perdese, tanto é así, que na comarca existen dúas escolas de lutherias. Esta zanfona é moi particular na península ibérica aínda que por Europa ten diferentes fisionomías e diferentes matices.

Germán Díaz é un músico que destaca como zanfonista, sendo considerado como un dos intérpretes deste instrumento máis innovadores de Europa e chamado por algúns “o Jimi Hendrix da zanfona”.

Ao longo da súa traxectoria tocou en numerosos países de todo o mundo e destaca pola súa fusión da música tradicional co jazz, xénero no que destacan as súas colaboracións co contrabaixista galego Baldo Martínez.

Germán cursou estudos musicais na especialidade de guitarra clásica, así como Filoloxía Clásica na Universidade de Valladolid e posteriormente estudou zanfona con mestres como Rafael Martín, Pascal Lefeuvre, Laurent Tixier, Isabelle Pignol, Gilles Chabenat, Nigel Eaton, Patrick Boufard, Laurence Bourdin ou Valentín Clastrier entre outros.

No ano 1996 gañou un concurso de canto tradicional que promovía a Xunta de Castela e León e decidiu empregar os cartos do premio en comprar un instrumento que se axustaba ao seu orzamento, unha zanfona de segunda man que vendía Carlos Beceiro, do grupo folk La Musgaña e que ademais virá en ocasión no museo do seu tío Joaquín Díaz.

Así, comezou a súa formación da man do seu tío e o cantautor berciano Amancio Prada. Froito do seu labor de difusión da música tradicional recibiu en 1999 o premio Racimo de Oro da música.

Ademais, Germán foi o único zanfonista español que perteneceu á Viellistic Orchestra, unha orquestra de zanfonas francesa integrada por algúns dos mellores do mundo e que desapareceu no ano 2004.

Tras isto, Germán formou un dúo xunto co director artístico da orquestra, Pascal Lefeuvre, ademais de cofundar o Symphonía Quartet, e o cuarteto ibérico de zanfonas, xunto con Rafael Martín, Marc Egea e Pascal Lefeuvre.

Tamén creou a súa propia discográfica, Producciones Efímeras, xunto con Fernando Fuentes, prestando especial atención aos traballos de novos zanfonistas, pero coa que intentan facer un proxecto cada ano. Así, o vindeiro será con Benxamín Otero.

Representou a Castela e León no PopKomm de Berlín en 2005, ao ano seguinte foi escollido para representar a España no 27º Festival da Unión Europea de Radiodifusión celebrado en Finlandia, e en 2009 foi seleccionado pola Embaixada Española para representar ao país nas prestixiosas European Jazz Nights en Oslo. Ese mesmo ano recibiu o premio á mellor banda sonora no Festival de Cortometrajes La Fila, por Artículo 349.

Nos Premios Mestre Mateo 2018 levou o galardón á mellor musica orixinal pola banda sonora de Dohgs.

No 2019 colaborou no quinto álbum de estudo da cantante galega Guadi Galego. En Nadal estivo tocando en Muimenta os aguinaldos.

Neste 2020 comezou viaxando a India para participar no Kerala Literary Festival e tocando en Ares xunto con Benxamín Otero.

Xa ten moitos proxectos na cabeza que haberá que desenvolver, como o de desfrutar dun ciclo de concertos que está a preparar na igrexa vella de Muimenta, ou o taller que impartirá no castelo de Dreilützow en West Mecklenburg, Alemaña, en novembro.

Etiquetas