Os dirixentes de Vilalba Aberta reúnense cos veciños de Oleiros

Vilalba Aberta continuará coa súa iniciativa Redes de Parroquia visitanto o martes 3 de marzo, ás 21.00 horas, a parroquia de Oleiros, concretamente na Casa Escola. Estas reunións segundo afirman están a ter un gran éxito superando con creces as previsións iniciais en base ao importante número de veciños que se achegaron para facer chegar ao grupo político as súas necesidades e incorporalas á axenda política da corporación.

Dende Vilalba Aberta remarcan unha vez máis a importancia de dar resposta ao que tantos veciños das parroquias dixeron semanas antes da celebración das Eleccións Municipais: “As reunións nas parroquias, durante os catro anos e non só en campaña electoral” e contextualizaron a súa aposta decidida polas parroquias na necesidade de cumprir co compromiso adquirido coa veciñanza de levar as súas asembleas ás 29 parroquias do Concello de Vilalba.”

É por isto que animan á veciñanza de Oleiros a participar. Así mesmo, dende a formación asemblearia non quixeron deixar pasar a oportunidade para trasladar o seu “profundo agradecemento” á directiva da Asociación de Veciños de San Salvador de Ladra por “permitir facer posible” este novo encontro.

Etiquetas