Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Unha videoconferencia formará sobre ciberseguridade na aula CeMIT de Guitiriz

Por 1 Marzo, 2020Sin comentarios

A Aula CeMIT de Guitiriz acollerá o mércores 4 de marzo unha charla sobre ciberseguridade que terá lugar entre as 10.00 e as 11.00 horas. A ponencia estará ao cargo do Centro Demostrador TIC Galicai en Santiago de Compostela, que a fará por videoconferencia.

Nesta charla trátase de coñecer as amezas e perigos que poden afectar aos usuarios das redes e como protexerse. A ponencia ten un reducido contido técnico e está máis centrada en historias reais, relatando os problemas que teñen as vítimas destes ataques e as solucións que se poden aportar.

Os asistentes non necesitan ningún tipo de soporte dixital e aprenderán sobre fraude, phishing, extorsión, roubo de información, secuestro de datos, ciberacoso, ciberbullying e perigos en dispositivos móbiles.