O centro social de Vilalba inicia mañá dous talleres de saúde

Mañá, martes, darán comezo no centro sociocomunitario de Vilalba dous talleres gratuítos centrados na saúde e o autocoidado. As persoas interesadas en participar aínda poden anotarse hoxe.

Estes talleres enmárcanse dentro do convenio que manteñen a Consellería de Política Social, da que depende, e a fundación A Caixa, que organiza para o primeiro semestre deste ano. A psicóloga Loreto Taboada será a encargada de impartilos.

O primeiro curso leva por título Vivir é descubrirme e ten como obxectivos son fomentar o desenvolvemento persoal, promover o coidado dun mesmo e os demais, desenvolver mellores relacións
interpersoais e familiares e entender a soidade como un elemento crave no autoconecemento. Será os martes de 16.30 a 18.00 horas.

A continuación, de 18.30 a 20.30 horas, celebraranse as sesións do segundo curso, Adestra. Por un envellecemento saudable. Trátase dun taller feito a medida para as persoas maiores que queiran adquirir uns hábitos de vida máis saudables mediante a actividade física adaptada ao ritmo de cada
un e reforzando aspectos que promoven a propia autonomía. Neste curso traballan aspectos como coidado persoal, o exercizo físico, a xestión da dor e a participación social.

Etiquetas