O Meira FC organiza para o 14 de marzo un campionato de tute

O Meira FC organiza un campionato de tute, que se desenvolverá o sábado 14 de marzo a partir das 19.00 horas nos Cabanós do Convento.

Cun máximo de 32 parellas, xa está aberta a inscrición deste torneo que terá un custe de inscrición de 80 puntos por parella. A organización establece catro premios no grupo campión , que serán de 600, 300, 100 e 80 puntos e outros catro de repesca, de 200, 100, 80 e 60 puntos.

O interesados en incribirse poden facelo nos teléfonos 659 900 432 (David) e 697 643 130 (Iago).

Etiquetas