Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Volve o día 5 o concurso de tapas Que Bo Estás Guitiriz

Por 2 Marzo, 2020Sin comentarios

Trece hostaleiros de Guitiriz participarán este ano no concurso de tapas Que Bo Estás Guitiriz, que chega á súa oitava edición e que se desenvolverá entre o 5 e o 15 demrzo.

Os locais participantes nesta ocasión serán CIT, Recreo e As Marías en Parga; Merendero, nos Vilares; e La Casilla, Xoldra, Centro, Soa, Nistal, titanic, Gaibor, Korreo e Nimbos en Guitiriz.

Como nas edicións anteriores, os trece locais servirán tapas a un prezo único de dous euros en horario de 20.00 a 23.00 horas todos os días agás as fins de semana cando tamén haberá servizo de mediodía entre as 13.00 e as 15.30 horas.

Para incentivar aos clientes, estes poderán obtar a premios que oscilan entre os 700 e os 50 euros cun estuche de viño incluído.

O concurso volverá ter un fin social, así que os cartos recaudados irán para financiar o Día da Bici, xornada organizada polo club Btteiros Cova da Serpe.

O cartel co que se anuncia esta cita gastronómica foi elaborado por Alba Nimbos e Rebeca Penas pero o resto de carteis que se presentaron ao concurso formarán unha exposición.