A Xunta avanza que o proxecto de ampliación do polígono de Castro está case listo

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, adiantoulle ao alcalde de Castro de Rei, Francisco Javier Balado Teijeiro, que o proxecto de ampliación do Polígono de Castro de Rei, en máis de 40.000 metros cuadrados, está moi avanzado.

A conselleira mantivo unha reunión co rexedor municipal na que abordaron o estado de tramitación desta iniciativa. A ampliación deste proxecto levarase a cabo grazas a un convenio de colaboración entre Instituto Galego de Vivenda e Solo e o Concello de Castro de Rei.

Vázquez Mejuto recordou que o IGVS ten reservado un orzamento de 275.000 euros nas contas de 2020 para materializar esta iniciativa, que ten por finalidade incrementar en 44.000 metros cadrados a superficie empresarial neste concello da provincia de Lugo.

 

Etiquetas