Skip to main content
ActualidadeMeira

Cine galego para celebrar en Meira o Día da Muller

Por 3 Marzo, 2020Sin comentarios

O Concello de Meira celebrará este venres, 6 de marzo, o Día Internacional da Muller, cunha serie de actos que se desenvolverán no centro sociocultural Federico González.

A actividade dará comezo ás 11.30 horas coa presentación do acto, seguido da proxección da curtametraxe As tres caídas de María Santiso, da productora coruñesa Melgo Cinema e protagonizado por Lucía Veiga. Trátase dunha curta na que se fai referencia á problemática do rural galego.

Media hora máis tarde proxectarse o Making off de dito fil, ao que seguirá un coloquio. O acto clausurarase cunha intervención das alumnas da escola de música de Meira.