Muimenta acolle o 15 unha xornada de exaltación da caza

A Federación Galega de Caza en colaboración co Tecor Terra Chá e o Concello de Cospeito organizan o 15 de marzo unha xornada de exaltación da caza, como parte do mundo rural.

Esta xuntanza, que terá lugar no recinto feiral de Muimenta consistirá nun xantar de irmandade, exhibicións de diversas disciplinas de caza e contará cun simulador de tiro e stands de mpresas do sector e produtos deo rural galego. As portas abriranse ás 10.30 horas pero os actos principais serán ás 12 horas.

Trátase dunha xornada gratuíta que aínda así terá prazas limitadas. A inscrición estará aberta ata o 6 demarzo ás 15.00 horas e esta debe facerse na Federación Galega de Caza ou nas federacións provinciais.

Etiquetas