Skip to main content
Actualidade

Comeza este venres a segunda Mostra de Teatro Afeccionado das Pontes

Por 4 Marzo, 2020Sin comentarios

O Concello das Pontes acollerá durante todo o mes de marzo a segunda edición da Mostra de Teatro Afreccionado, que se desenvolverá no auditorio Cine Alovi con representacións todos os mércores a partir das 21.00 horas.

A mostra dará comezo este venres coa obra do grupo Baluarte Teatro, que representará El Crédito, unha comedia para todos os públicos de 60 minutos de duración.

O venres 13 será a vez de Medidas preventivas, do grupo de teatro Xosé María Pérez Paralle. Trátase tamén dunha comida, para maiores de dez anos dunha hora de duración.

Continuará a programación o día 20 coa representación da obra Bicos de vinagre, do grupo Treatro o Batán, outra comida para todos os públicos.

A mostra chegará ao seu fin co grupo de teatro Mariñán, que porá en escea a comedia para todos os públicos Insania.