Skip to main content
ActualidadeMuras

Muras acolle o sábado un taller de astrofotografía

Por 4 Marzo, 2020Sin comentarios

O sábado 7 de marzo a Asociación de Fotografía Ferrolterra realizará un taller de astrofotografía básica, que terá como obxectivo aprender a sacar fotos das estrelas. O obradoiro estará impartido por Marcos López e conta coa colaboración do Concello de Muras, que está en trámites de solicitar o selo Starlight.

A localización exacta para quedar confirmarase por Whastsapp ou Facebook, a hora será ás 16:00 para comezar a clase teórica. Unha vez rematada, ata as 22.30 horas haberá cea nun restaurante dos arredores tamén por concretar. De 23:00 a 2:00 da madrugada seguiranse as prácticas.

O prezo do obradoiro é de 30 euros (os socios de Ferrolterra Fotografía un 50% menos) e hai 30 prazas. É necesario reservar para cear e para o curso no teléfono 646 868 699.

Para aprender a sacar estas fotos, daranse conceptos básicos do planeta, así como nocións do que hai que preparar para saír da casa, as condicións que se necesitan para sacar unhas boas fotos, como preparar a cámara e elementos a ter en conta.